CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Dúas alumnas vianesas, finalistas autonómicas do certame “¿Qué es un Rey para ti?”

Estas estudantes do CEIP Bibei de Viana do Bolo recibían os seus diplomas o 9 de xuño nun acto celebrado en Santiago de Compostela

Por terceiro curso consecutivo o CEIP Bibei de Viana do Bolo vén de ter representación na fase autonómica do concurso “¿Qué es un Rey para ti?”, que convoca a Fundación Institucional Española (FIES), a Fundación Orange e a Consellería de Educación.

Nesta 36ª edición as finalistas son dúas alumnas de 5º de primaria: Elena Rego Blanco e Noa Vaz Macías, que o día 9 de xuño, acompañadas da súa titora e das súas familias, viaxaban a Santiago para recoller no MUPEGA os diplomas e agasallos correspondentes. Dende o centro vianés transmítenlle os seus parabéns. Neste acto expoñíanse, ademais, as 40 obras finalistas procedentes de 20 colexios.

 

As dúas alumnas do CEIP Bibei finalistas, coa súa titora e os seus traballos.

Nesta edición do concurso participaban por Galicia un total de 2.087 alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, de 1º e 2º de la ESO e de educación especial de ata 18 años de idade, procedentes de 127 centros, que teñen sido asesorados polos seus mestros ou titores na realización dos seus traballos.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button