
Na mañá deste martes 20 de outubro producíase un accidente de tráfico no que se vían implicados dous vehículos.

A colisión entre un camión e unha furgoneta producíase na N-120 á altura do cruce de Seadur, no concello de Larouco, arredor das 7:45 horas, resultando feridos os dous ocupantes da furgoneta que eran atendidos polos sanitarios. “O do camión resultaba ilesio”, aseguran dende os servizos de emerxencia presentes no accidente.

Ata o lugar acudían 3 coches de bombeiros, 3 da Garda Civil de Tráfico, unha ambulancia e un coche do Servizo de Conservación de Estradas, así como Protección Civil de Larouco.
Fotos cedidas.