OurenseÚltima hora

Dúas persoas feridas nunha colisión por alcance en San Cibrao das Viñas

 

Na tarde deste venres 30 de xaneiro producíase unha colisión por alcance en San Cibrao das Viñas, resultado ferida unha persoas que “precisou asistencia sanitaria”, indican dende o 112 Galicia.

O accidente tiña lugar ao fío das dúas e media. “Un dos implicados foi quen chamou, a esa hora, indicando que chocara contra outros dous coches cando circulaban pola OU-525, quilómetro 230, á altura de Noalla”, explican dene o 112, engadindo que á mesma hora un particular informaba do mesmo accidente indicando que “había tres vehículos implicados e que fora unha colisión por alcance”. Engadía ademais que “unha das persoas implicadas precisaba asistencia sanitaria”.

Con estes datos, desde o 112 Galicia pasaban aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de San Cibrao, ao GES de Pereiro de Aguiar, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e ao persoal de mantemento da vía.

Os servizos sanitarios comunicaron ao 112 Galicia que “en total foran atendidas dúas persoas”.

Back to top button