
Na mañá deste Xoves Santo producíase un incendio nunha vivenda en Ourense, resultando afectadas dúas persoas que “tiñan que ser trasladadas polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia, logo de arder a cociña da vivenda”, tal como indican dende o 112 Galicia.
Dende o Axega explican que ao fío das 07:00 “un particular contactaba co 112 Galicia para informar de que ardía o piso de arriba e que había un home que pedía auxilio no balcón da vivenda, situada na rúa do Río Navea, na cidade de Ourense”. Tras ser avisados polo 112 Galicia, acudiron de inmediato os Bombeiros da cidade que, unha vez no punto e despois de extinguir o lume confirmaron que “ardera a cociña”.
Ademais dos profesionais de extinción interviñeron o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e tamén foron informados os axentes da Policía Nacional e Local.