Arredor das 11:20 horas deste venres 6 de setembro producíase un accidente de tráfico no km 240 da autovía A-52, na plataforma do sentido Benavente. Un turismo saíase da vía e, posteriormente, chocaba contra o valado de protección do viaduto que cruza o río Miño.
Para atender este suceso mobilizábase unha patrulla de motoristas da Garda Civil de Tráfico de Ourense, unha ambulancia de 061-Urxencias Sanitarias, ao GES de Ribadavia e tamén a un retén de limpeza e mantemento da vía.
Como conscuencia do sinistro, o condutor e o seu acompañante resultaban feridos leves e eran trasladado ao Hospital Universitario de Ourense.