Moi bos resultados para os karatekas do KC River Stone do Barco de Valdeorras que competían no Campionato Galego Cadete-Júnior-Sub21 celebrado esta fin de semana en Ferrol (A Coruña), con ata tres podios.

En kata Cadete Masculino, Nazan Barreda Fernández lograba o bronce subindo ao terceiro chanzo mentres que Diego Prada Rodríguez, lograba o 5º posto. En kata Cadete Feminino Cloe Yánez González proclamábase subcampioa (medalla de prata), subindo ao segundo chanzo do podio. E por último, en kata Júnior Masculino Brian Rodríguez, lograba outro bronce.

Fotos cedidas.
