
Ata dúas medallas colleitaba o Club Adas Cupa do Barco no Campionato galego por equipos que se celebraba o sábado 14 de xuño nas pistas de atletismo de Balaídos, en Vigo. Así o equipo masculino valdeorrés Sub12 conseguía o segundo posto da clasificación galega, con 94,5 puntos. Só eran superados pola Atlética Lucense, mentres que o terceiro posto correspondíalle a CD La Purísima.
Outra prata viña da man do equipo feminino Sub12 do Adas, nun podio encabezado polo Beade e onde o terceiro posto era para a S. Gimnástica de Pontevedra.
Este galego por equipos reunía a un total de 58 clubs das categorías Sub10 e Sub12. “O mellor do miudo da canteira galega, demostrou unha vez máis motivos máis que suficientes, para mirar con optimismo a un futuro que vén garantido pola gran cantidade de talento e paixón exhibida ao longo das dúas xornadas do sábado”, din dende a Federación Galega de Atletismo (FGA).
Ademais, por equipos o Adas Cupa lograba o título feminino Sub10.
Podio de equipos:
- Sub10 mulleres: 1º ADAS CUPA/ 2º S. Gimnástica/3º Lucus Caixa Rural
- Sub10 homes: 1º CD Pinarium./2º Millaraio / 3º Ourense Atletismo
- Sub12 mulleres. 1º Beade/ 2º ADAS CUPA/ 3º S.Gimnástica
- Sub12 homes. 1º At. Lucense/ 2º ADAS CUPA/ 3º La Purísima