CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

El Patio de Leni pon ritmo ás Festas de Santa Mariña de Pena Folenche (A Pobra de Trives)

 

Cunha animada actuación, como eles saben facer, participaba El Patio de Leni nas Festas de Santa Mariña de Pena Folenche (A Pobra de Trives) o sábado 18 de xullo, no marco duns festexos que contaban tamén coa orquestra Dinastía, Dj Álex Prieto, a banda de gaitas Os Trinta e as Macizas Centrais.

 

 

Esta era unha das moitas actuacións das que formarán parte bandas e músicos asociados a AMAVA (Asociación de Música Alternativa de Valdeorras), neste verán. Nerea Jiménez actuaba dous días antes nos “Solpores de verán na Cova da Xabreira”, en Seadur (Larouco); e a finais de mes, The Black Wings, Fendetestas e Kz-Angels acturán no festival Oule-Go! en Oulego (Rubiá), xunto a outras banda.

No mes de agosto, Navegando a Barlovento formará parte da III edición do festival O Son da Estación, na Rúa; e en setembro The Black Wings serán teloneiros de Xoel López nas Festas do Cristo do Barco de Valdeorras.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button