
Concluída anos atrás a cruenta Guerra Civil, en moitos montes de España aínda se libraba unha loita xorda e encarnizada. Algunha vez oíches falar de certos homes que preferiron malvivir como alimañas e arma ao brazo antes que aceptar o xugo do triunfal franquismo? Foraxidos, criminais, liberadores, heroes…, como rescatalos do mito? Quen era realmente aquel ao que chamaban Mario de Langullo?
A estas e outras moitas cuestións dá resposta El último maqui. Vida y leyenda de Mario de Langullo (Ed. Almuzara, 2025), a “fascinante biografía do home que pasou 32 anos fuxido no monte e, coa súa marcha, puxo fin á presenza da guerrilla antifranquinsta en España”, escrita por Juan Carlos Alonso que será presentada en Viana do Bolo o vindeiro 25 de xullo.

Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión, Juan Carlos Alonso é natural de Barcelona pero de ascendencia galega e froito dos numeroros veráns vividos coa familia a principios de século comezou a interesarse pola figura de Mario Rodríguez Losada, recabando sobre o terreo numerosas testemuñas de quenes tiveran contacto con e ao tempo que procuraba todo tipo de documentación para obter “o mellor retrato de tan misterioso personaxe”.
Xorde así unha “incrible historia de supervivencia, loita, amor e vida… pero tamén morte” que será presentada nun acto que terá lugar ás 19 horas na Casa da Cultura vianesa e contará coa presenza do propio autor e do alcalde de Viana, Andrés Montesinos.
O libro será tamén presentado en Castro Caldelas o 24 de xullo, na Pobra de Trives o 28 e en Manzaneda o 30, entre outros lugares.