A MezquitaConcellosÚltima hora

Elaborada e orixinal decoración de Nadal no concello da Mezquita

 

Nestas datas tan especiais de Nadal a vila da Mezquita lucía cunha decoración moi especial, marcadamente orixinal e artesá. Nela empregábanse elementos naturais e vexetais, como a madeira tallada, pero tamén tecidos e outro tipo de materia, como metal reciclado, para recrear escenas propias deste tempo como o belén, a chegada do Apalpador ou de Papá Noel, pero tamén imaxes tradicionais e propias do rural nesta zona de montaña, un pozo dos desexos ou arbores cargadas de mensaxes.

Fotos: O SIL.

 

 

Back to top button