OurenseÚltima hora

Eladio Santos achégase ás zonas afectadas do Barco e agradece o traballo da UME

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, achegouse hoxe a zonas do Barco de Valdeorras, afectadas polo incendio que comezou en Seadur-Larouco, onde trasladou o apoio do Goberno á cidadanía.

Tamén estivo na base da Unidade Militar de Emerxencias (UME) no pavillón polideportivo do Barco de Valdeorras para agradecer aos efectivos o seu labor esencial nesta loita contra os lumes que afectan a diferentes puntos da provincia de Ourense.

Eladio Santos está en permanente contacto cos alcaldes e alcaldesas da zona para coñecer de primeira man as necesidades de cada núcleo de poboación e brindarlles a colaboración e cooperación do Goberno de España.

Back to top button