OurenseÚltima hora

Eladio Santos convida á Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Ourense á homenaxe á Constitución que organiza a Subdelegación

Nunha visita á sede da DCA, o subdelegado lembrou que os cambios normativos que entrarán en vigor este venres traerán vantaxes en coidados, redución da burocracia e apoio económico para as persoas con discapacidade

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, visitou esta mañá a sede da Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Ourense (DCA-Ourense) para convidar aos seus integrantes ao acto de homenaxe á Constitución Española que organiza anualmente a Subdelegación e que este ano conmemora o artigo 49, que establece a protección das persoas con discapacidade.

O subdelegado aproveitou a visita para lembrar que este venres 23 entra en vigor a reforma da Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e a Lei de Autonomía Privado e Atención á Dependencia. Santos lembrou que traerá vantaxes en materia de coidados, redución da burocracia e apoio económico para as persoas con discapacidade.

Eladio Santos sinalou a importancia dos cambios normativos que melloran a calidade de vida das persoas, en particular e neste caso, das persoas que teñen algún tipo de discapacidade.

Na visita ás súas instalacións, o subdelegado agradeceu o labor da asociación e puxo en valor o gran impacto social que ten sobre a cidadanía ourensá. Animou aos seus integrantes a seguir traballando por un mundo máis igualitario e salientou o seu carácter solidario e xeneroso.

 

Back to top button