OurenseÚltima hora

Eladio Santos coordina o dispositivo para a observación da eclipse solar do 12 de agosto na provincia

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, presidiu hoxe unha reunión de coordinación cos organismos e representantes de Concellos da provincias implicados no dispositivo especial previsto con motivo da eclipse solar total do vindeiro 12 de agosto.

Durante a reunión analizouse a situación actual dos puntos de observación habilitados na provincia, que polo momento son seis, distribuídos en cinco municipios. Ademais, os Concellos solicitaron a incorporación doutros dous espazos, polo que a rede de puntos de observación podería ampliarse nos vindeiros días. O subdelegado destacou a importancia da coordinación entre todas as administracións para asegurar o correcto desenvolvemento da xornada e ofrecer as mellores condicións tant

Back to top button