OurenseÚltima hora

Eladio Santos reúnese coa Cámara Mineira de Galicia

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, mantiña esta semana unha reunión de traballo coa Cámara Oficial Mineira de Galicia, na que acordaron manter a colaboración para defender os intereses do sector na provincia.

Eladio Santos recolleu as súas demandas e dará traslado aos correspondentes ministerios. Os representantes da cámara “puxeron en valor a regularización extraordinaria de persoas migrantes que residen en España, xa que o consideran beneficioso para paliar a falta de man de obra no sector mineiro”, segundo a Subdelegación.

Back to top button