ConcellosTrivesÚltima hora

Elevación de pasos de peóns en Trives para mellorar a seguridade viaria

 

O Concello da Pobra de Trives vén de poñer en funcionamento varios pasos de peóns elevados no municipio, unha actuación xa executada pola Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia, tras a solicitude realizada desde o Concello, ao tratarse dunha estrada de titularidade autonómica.

A instalación destes pasos elevados ten como principal obxectivo “mellorar a seguridade viaria, contribuíndo á redución da velocidade do tráfico e reforzando a protección tanto de peóns como de condutores”, explican dende o Concello, engadindo que esta actuación supón “unha mellora significativa da accesibilidade, especialmente para persoas maiores, persoas con mobilidade reducida e familias con carriños infantís”.

Desde o Concello da Pobra de Trives “valórase moi positivamente a colaboración institucional coa Xunta de Galicia, que permitiu dar resposta a unha demanda municipal e veciñal, facendo posible que estas infraestruturas estean xa executadas e en pleno funcionamento”.

Back to top button