O vindeiro 10 de outubro, Elsa Muñiz ofrecerá un concerto uníndose á celebración do Día Mundial da Saúde Mental no Liceo de Ourense, presentando o seu novo álbum New Beginnings que, precisamente, aborda temas universais como a saúde mental, a perda, a esperanza ou a celebración do presente.
Para esta celebración, Elsa Muñiz, lanzará, o mesmo día do concerto, a remasterización do tema Invisible Sadness, que expón o tema da saúde mental do que poucas veces se fala. Trátase dunha remasterización moi especial xa que foi concibida a través de Dolby Atmos, tecnoloxía que permite crear unha experiencia de son
inmersiva en 360º para o oínte.
Creadora do concepto pianotelling que non é un xénero senón unha experiencia interdisciplinar que rompe os límites da música instrumental para convertela en algo accesible, emocional e próximo.
No marco da xira de presentación do álbum chegará o próximo 10 de outubro ao Liceo de Ourense, para ofrecer un concerto uníndose á celebración do Día Mundial da Saúde Mental. New Beginnings é un álbum que aborda algúns temas universais como a saúde mental, a perda, a esperanza ou a
celebración do presente.