OurenseÚltima hora

Emilio González visita aos novos alumnos en prácticas da Comisaría da Policía Nacional en Ourense

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, visitaba esta mañá aos novos alumnos e alumnas en prácticas da Policía Nacional na Comisaría de Ourense. O pasado mes de maio de 2023, 12 alumnos e alumnas incorporáronse á Comisaría Provincial da Policía Nacional de Ourense. Sete deles están como Policías en prácticas e pertencen á Escala Básica. Os cinco restantes entraron coma Inspectores en prácticas e pertencen á EScala Executiva.

Emilio González, destaca o reforzo que vai a supoñer esta incorporación no persoal para a Comisaría, que actualmente conta con 228 efectivos (1 Comisario, 6 Inspectores Xefes, 15 Inspectores, 23 Subinspectores, 22 Oficiais e 161- Policías) dos 247 posibles.

Levan a cabo todo tipo de servizos sociais habituais, pasando polas dependencias de Atención ao didadá, Oficina de Denuncias, Extranxería, Información e Policía Científica. O seu obxectivo é por en práctica os coñecementos adquiridos na Escola Nacional de Policía de Ávila e adquirir a destreza necesaria na realización dos diferentes servizos.

O subdelegado agradece o traballo que xa están a realizar nesta etapa de prácticas e destaca que a profesión de Policía Nacional é difícil en canto a que supón unha permanente dedicación á proteción da cidadanía e a garantir a seguridade, o servizo público e a labor humanitaria que realizan e deles depende un pilar importante da Democracia que é a seguridade.

Unha vez rematadas as prácticas de 11 meses para os Policías en prácticas e de 7 para os Inspectores en prácticas estes irán ao seu próximo destino, que na gran maioría será Madrid ou Cataluña.

Artigos relacionados

Back to top button