CulturaCulturaEn portadaMúsicaÚltima horaVídeos

Emocionante intercambio cultural na xuntanza de bandas de música tradicional en Lubián (Zamora)

Forma parte do XIX Festival Folk & Rock As Portelas e contaba coas actuacións de Os Moleirinhos do Gadahna de Portugal, Abertal da Rúa, Atrapallada de Puebla de Sanabria, Celtúria de Valencia e As Portelas

 

Menos dun mes despois de ser a combidada de honra no I Festival Sons da Rúa, a banda de gaitas As Portelas de Lubián, concello zamorano que conserva fondas raíces comúns con Galicia, era a anfitriona do seu propio festival.

 

 

Arredor das cinco da tarde deste mércores 6 de agosto comezaba, coma sempre na praza Horta do Cura de Lubiñan, a xuntanza de bandas de música tradicional que abre o Festival Folk & Rock As Portelas e que nesta ocasión contaba con: Os Moleirinhos do Gadahna de Portugal; Abertal da Rúa que devolvía a visita coa banda e cun grupo de baile; Atrapallada de Puebla de Sanabria previstos o ano pasado pero non asistían; Celtúria de Valencia; e As Portelas na que toca o alcalde, Felipe Lubián, anfitrioa do acto no que non faltaron os bailes.

 

 

O propio alcalde, xunto a dous membros da corporación entregaban agasallos ás bandas trala actuación, agradecendo a súa participación. Diante dos asistentes que aguantaban estoicamente a intensa calor e falando en castelán por respecto á banda valenciana, o rexedor aseguraba que grazas ao Festival Folk&Rock que este ano chega á XIX edición “coñécese un pouco máis Lubián, sobre todo por internet onde figura como un dos festivais máis consolidado da Península Ibérica polo que ten que continuar”.

 

 

Como debe continuar a banda “e estes pequeniños que hoxe recibiron o body tamén terán que tocar un día a gaita, o bombo ou o que sexa dando relevo aos que xa imos maiores. Temos que acabarnos nós antes que a Banda de Gaitas As Portelas de Lubián e todas as aquí presentes”, dixo, convidándoos a tomar un refresco e desfrutar das seguintes actuacións xa na praza NOva da Fontarela.

 

 

Ás nove tocaba o esperado Milladoiro e tamén os asturianos Guieldu recén chegados de Lorient (Francia). E mañá, será a quenda do rock con A Banda do Elías e Riders on The Doors.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Back to top button