CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Emotiva despedida da comunidade educativa do Pablo VI-Fátima da Rúa a Avelino G. Ferradal pola súa xubilación como profesor

 

Tras corenta anos vinculado ao Pablo VI da Rúa, primeiro como alumno e despois como profesor, destacando o seu papel como Xefe de Estudos moi querido e respectado, a Avelino García Ferradal chegoulle o momento de xubilarse.

Non o fará ata setembro, cunha despedida oficial, pero na mañá deste venres 13 de xuño, antes de coller as vacacións, o seu benquerido centro escolar rendíalle unha emotiva pero tamén divertida homenaxe coa implicación de toda a comunidade educativa, dende os profesores e demais traballadores, ata os alumnos, dos máis pequerrechiños aos maiores.

 

 

Coma se dun deportista de elite se tratara, Avelino saía ao patio pouco antes das doce e media, chocando as mans ao alumnado que lle facía o “pasillo” mentres polos altofalantes soaba unha canción especialmente escrita para el, sendo recibido entre aplausos e cunha gran ovación por todos os presentes.

O encargado de entregarlle dous agasallos simbólicos, e en clave de humor (unhas rosquillas e un queixo sobre un prato de lousa), era o propio director do colexio, José Fernández de Abajo, quen loaba a traxectoria de Avelino, sendo testemuños do aprezo e cariño que por el senten todos.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button