CD RúaDeportesFútbolÚltima horaVídeos

Empate a ceros co Toén no primeiro partido da tempada en casa para CD Rúa

 

En táboas sen goles. Co empate a ceros se resolvía o segundo partido da tempada para o CD Rúa, o primeiro na casa, disputado na tarde deste 13 de setembro no campo de fútbol Vicente Solarat Maceda.

 

 

Tras a vitoria 0-3 no campo do Moreira hai unha semana, os de Javi Ferrer saltaban ao terreo de xogo nesta calurosa tarde, dispostos a seguir sumando. E así o facían pero, sumando un único punto dos tres en xogo, tras rematar o encontro igual que empezara co 0-0 no marcador.

 

 

Neste inicio de liga o conxunto rués sitúase no 5º posto da clasificación na Segunda Futgal. Dous máis arriba, no 3º está o CD Barco “B” que vencía 0-1 ao Pabellón Ourense CF. O CD Viana pola súa banda é o faroliño vermello do grupo con dúas derrotas noutros tantos partidos.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button