EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

En marcha o espazo participativo de Manzaneda con “Galicia latente”

Tamén se presentaban os proxectos “Manzaneda de Cerca” e “Merca de Manzaneda” no Centro de Día da vila

 

Nesta fin de semana, en concreto o 10 de agosto, poñíase en marcha o Espazo Participativo “Galicia Latente”, xunto ás exposicións “Manzaneda de Cerca” e “Merca de Manzaneda”. En outra publicación insertaremos videos resumos.

 

 

Dende o Concello de Manzaneda agradécese a colaboración de Eduardo Martíns na iniciativa “por procurar que máis persoas latexamos por Galicia, así como a participación da veciñanza e a colaboración das persoas con actividades comerciais, de restauración, servizos e de agroalimentación asistentes.

 

 

Neste espazo aberto á participación tamén se desfrutaba dunha petiscada a base de produtos de Manzaneda: embutidos, queixo, viño, bica mantecada e de castaña. E, como complemento, a explicación dalgunas obras de arte expostas no centro de día a partir de residuos e de fotografías de artistas locais ou con segunda residencia en Manzaneda.

 

 

Observación das bágoas de San Lourenzo

A próxima cita do “Verán Cultural” de Manzaneda terá lugar mañá 12 de agosto ás 23h. na praza do concello, para percorrer a vila medieval e observar as bágoas de San Lourenzo/Perseidas dende o pé da torre.

Neste senso, o Concello de Manzaneda tamén informa de que mañá contra media noite, nos núcleos de Manzaneda e San Martiño, procederase ao corte puntual do alumeado público para unha observación maior do ceo estrelado e agradecen a compresión.

Fotos e vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button