DeportesFútbol salaÚltima hora

En marcha o II Torneo Futsal Vila do Barco, con 18 equipos, no pavillón municipal de Calabagueiros

 

Dende as oito da tarde deste caluroso venres 4 de xullo e ata as tres da mañá do sábado día 5, desenvólvese no pavillón municipal de Calabagueiros a primeira xornada do II Torneo Futsal Vila do Barco no que participan un total de 18 equipos, un deles de Portugal.

Trala previa, con dous partidos de categorías inferiores, os primeiros adultos en xogar eran os equipos Rubesol e Botafoguetes. Despois faríano Bar Hamburgo e Amigos FS; Gato Negro FS e Galácticos; Lavandería e Rayo de Valdeorras; e xa de madrugada, Tramación FS e Hombres de la Noche; Tarados e Rubesol; e Granalvão e Los Galácticos.

Na xornada de mañá os partidos desenvolveranse de xeito ininterrompido dende as nove da mañá ata as sete da tarde. E xa na do domingo, de 9 a 20 horas aproximadamente (a final masculina xogarase ás 19 horas), con paella a partir das 14:30 horas (200 unidades a 5 euros) coa colaboración do SKÁNDALO.

O domingo será tamén o cuadrangular feminino no que xogarán Vianariño FS contra o combinado Estrelas Galiza (13 horas); e Rúa Valdeorras Futsal contra Cidade de As Burgas FS (14 hoas). A final  está prevista  para as  18 horas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button