ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Encontro da Virxe co Resucitado no Domingo de Pascua, na praza do Príncipe do Barco

 

A praza do Príncipe do Barco era o punto de encontro entre as imaxes da Virxe, enloitada, e a do Resucitado. Ambas saían ás doce do mediodía deste Domingo de Pascua da igrexa de Santa Rita. Mentres a procesión coa Virxe baixaba pola praza do Príncipe de Asturias, seguindo pola rúa España, pero xusto nese momento comezaba a chover e decidíase dar a volta cara o templo.

 

 

A comitiva encontrábase coa imaxe de Xesús Resucitado nas escalinatas da igrexa, na praza do Príncipe e era alí cando a Virxe perdía o seu manto negro e locía outro completamente branco. A partir de aí ambas imaxes eran levadas ata o interior do templo de Santa Rita, onde continuaba a celebración coa misa da Resurrección do Señor, oficiada polo párroco barquense, Jesús Álvarez. Con este acto ponse fin aos cultos dunha intensa Semana Santa no Barco.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button