DeportesÚltima hora

Encontro entre a internacional Carolina Camino e a xogadora máis xove do Club San Martiño O Barco

A nena valdeorresa acudía ao partido entre as seleccións de España e Portugal en Lugo e intercambiaba saúdos e agasallos con esta xogadora quiroguesa

Cunha sorpresa moi especial atópabase a xogadora de voleibol quiroguesa Carolina Camino, integrante da selección española, no partido que desputaba o pasado mércores 6 de agosto en Lugo entre as seleccións femininas absolutas de España e Portugal, e no que estaba convocada. Esta xogadora iniciábase neste deporte na delegación valdeorresa do Club San Martiño.

Entre os espectadores que acudían a este partico clasificatorio para o CEV (Campionato Europeo de Voleibol) para animar a Carolina estaba unha admiradora un tanto especial. Trátase da xogora máis pequena do Club San Martiño O Barco, Leire Núñez Díaz.

 

 

Ao finalizar o partido, a alegría foi inmensa xa que España lograba a clasificación e cando Carolina Camino non dubidou en acudir á bancada para coñecer a Leire e intercambiar emoción e uns agasallos entre ambas as e non dubidaron en inmortalizar o momento. Deste xeito quedaba plasmada, unha vez máis, a grandeza deste deporte o voleibol e a desta deportista.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button