En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Encontro entre o Resucitado e a Virxe neste Domingo de Pascua en Santo Estevo, na Rúa Vella

 

Un ano máis a parroquia de  Santo Estevo (A Rúa), despedía a Semana Santa coa Procesión do Resucitado, un dos momentos máis esperados polos devotos, que tiña lugar baixo un brillante sol que brillaba na mañá deste Domingo de Pascua.

 

 

Con puntualidade británica ás 12 horas a imaxe de Cristo resucitado saía da igrexa seguida polos homes. De contado saía a imaxe da Virxe coas mulleres detrás, xuntándose no adro. Aí mentres os homes mantiñan a imaxe de Cristo en alto, as mulleres cambiaban o manto negro da Virxe polo dourado, para celebrar o encontro co seu fillo resucitado, ao tempo que dúas mozas lle recitaban uns poemas, un bonito e tradicional acto característico desta parroquia ruesa.

 

 

Despois, todos xuntos regresaban cantando ao interior da igrexa para celebrar a misa de Resurrección, cantando e co glorioso e festivo repique das campás de fondo. Trala eucaristía, a parroquia convidaba aos asistentes a un aperitivo nos soportais da casa do pobo, no adro.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button