Na xornada do xoves 20 de agosto VOX instalaba unha mesa informativa na praza do Concello do Barco “para estar cerca dos nosos veciños, escoitar as súas preocupacións e expoñer as nosas propostas”, din, porque “cremos que a política faise a pé de rúa, escoitando e dando a cara”, aseguran, dando as grazas “a todos os que vos acercasetes a saudarnos, a conversar con nós e a compartir as vosas inquedanzas”.

Á fronte da mesa, como coordinador de VOX para O Barco de Valdeorras, estaba Enrique Quirós “comprometido co noso pobo, escoitando aos nosos veciños e traballando polo futuro que nos merecemos”.