
Dende este luns están en vigor as novas medidas de ordenación do tráfico na vila de Viana do Bolo, tal e como vén de informar o Concello. O obxectivo das mesmas é “mellorar a seguridade viaria e facilitar a circulación”.
Así, un dos cambios é que na rúa San Roque queda prohibido o estacionamento nun dos laterais da rúa, “co fin de reforzar a seguridade dos peóns e peoas que transitan por esta vía, mellorando a visibilidade e favorecendo un paso máis seguro”.
Ademais, na rúa Ferradal queda prohibido o estacionamento en toda a recta da rúa, para garantir unha circulación máis fluída e evitar atascos.
Dende o Concello de Viana do Bolo prégase á veciñanza que “respecte a nova sinalización e agradecemos a súa colaboración para facer das nosas rúas espazos máis seguros e accesibles para todas e todos”.
