CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Entrañable e alegre Concerto de Nadal do Orfeón Valdeorrés no Teatro Lauro Olmo do Barco

Tamén actuaban o grupo folk do Conservatorio e o ensemble de saxofóns

 

A entrañable música coral, centrada nesta ocasión nas panxoliñas e melodías “que falan de paz, fogar e alegría” envolvía na tarde deste sábado 20 de novembro o Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras onde, a partir das 20 horas, o Orfeón Valdeorrés deleitaba ao público co seu Concerto de Nadal, “tempo de encontros, recordos e esperanza”.

 

 

Unha fermosa e emotiva actuación que abre o apartado musical da programación navideña na capital da comarca con temas como Ya están aquí las pascuas, obra popular de Filipinas; Benedict Bobis de Hendel; 25 de diciembre, vilancico popular; Las aves se alegran, vilancico leonés; Noche de Paz de Franz Gruber; Adeste Fideles, todo un himno navideño e Navidad sin Belén con letra de Loli Viso e música de José Ramón Mansilla, director do Orfeón.

 

 

Trala actuación do coro, subíase ao escenario o grupo folk do Conservatorio do Barco e finalmente o ensamble de saxofóns, dúas agrupacións que quixeron compartir co Orfeón esta bonita e melódica tarde de sábado que pechaban de forma conxunta.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver/ Carlos G. Hervella.

Back to top button