Como cada 30 de novembro, a parroquia ruesa de Fontei celebraba o domingo a festividade de San Andrés, coincidindo esta data coa feira do ano que por segundo día neste mes (a feira mensual é o día 7) reúne aos comerciantes ambulantes ao longo das empedradas rúas da vila, entre os que non faltaba á pulpeira.



San Andrés é primeiro Apóstolo de Xesús que morreu martirizado en Acaya (Grecia), atado nunha cruz en forma de aspa. Na procesión o santo era levado a ombros polas rúas de Fontei celebrándose a misa, presidida polo párroco, Daniel Pérez, no interior da Igrexa de Nosa Señora de Fátima.




Fotos cedidas.