CulturaCulturaÚltima horaVídeos

‘Entre Covas’ despídese co aforo completo e un espectáculo de danza contemporánea en Bodegas Blare, en Vilanova (O Barco)

 

Na tardiña deste venres 19 de setembro o festival de artes e enoturismo ‘Entre Covas’ que nacía neste 2025 da man da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras, baixaba o pano coa terceira e última das citas programadas nesta primeira edición, que fóra adiada por mor dos incendios.

 

 

E facíao cunha proposta moi especial, o espectáculo de danza contemporánea CEIBE, da Compañía Fran Siera. A actuación tiña lugar nos xardíns de Bodegas Blare de Vilanova, no concello do Barco, onde se recibiu ao público cunha copa de godello. Alí, a vicepresidenta da Asociación, Monsterrat Rodríguez, explicaba que este festival naceu cunha clara vocación, “poñer en valor as nosas covas, espazos cargados de historia, de identidade e de vida”, a través dunha “experiencia única, donde a arte, a música e, neste caso a danza, se entrelazan nun entorno natural e simbólico”.

 

 

Igual que nas anteriores cita, trala danza, ofreceuse unha cata aberta de oito referencias de viños (Cepado, Casal, Godeval, A Bágoa, Roandi, Vinos Barco e Virxe de Galir), da man da enóloga Cecilia Fernández, e a degustación de pinchos elaborados por Pazo do Castro coa música ambiente de Dj Repunante. Ademais, durante o evento a adega abriu as portas da súa cova, unha construción histórica que xunto coa adega orixinal, pertencía á Casa Grande de Outarelo.

 

 

Nesta última cita de ‘Entre Covas’ o aforo volveu encherse, demostrando o interese suscitado polas actividades de enoturismo organizadas dende a Ruta do Viño de Valdeorras. O seu presidente, Marcos Prada, agradece o apoio de Turismo dá Xunta de Galicia e do seu director xeral, Xosé Merelles, adiantando que plantexarán unha segunda edición do festival para o ano próximo. Pola súa banda, a técnica da Asociación, Cristina Núñez, destaca que o máis valorado polos asistentes “foi a calidade artística das propostas e o formato íntimo do evento, ademais do seu emprazamento xunto a adegas con cova”.

 

 

O festival comezou en xuño cun espectáculo de ilusionismo en Seadur, despois celebrou a música fusión non barrio das Pinguelas, na Rúa, e rematou con danza nun miradoiro privilexiado sobre o val do Barco de Valdeorras.

A Ruta do Viño de Valdeorras segue medrando

A Asociación Ruta do Viño de Valdeorras vén de incorporar dúas adegas: Adega A Bágoa, de Vilanova, e Vinos Barco, a marca baixo a que opera a única cooperativa que segue a elaborar viño na comarca. Así, o colectivo “conta con 52 socios, 20 deles adegas, o que avala o traballo realizado durante os últimos anos por parte da Asociación e o que xa representa o enoturismo para valdeorras, como escaparate e impulso á innovación turística e cultural”, aseguran.

 

 

Entre as actividades programadas proximamente pola asociación están ‘Entre viñas’, unha cata de viños de parcela guiada polo director técnico da DO Valdeorras, Jorge Mazaira, que comezará visitando os viñedos onde se produce a uva de cada un dos viños, o día 27 de setembro; e a V BTT Ruta do Viño de Valdeorras que nesta ocasión discurrirá polo concello de Rubiá,o 19 de outubro, “poñendo en valor paisaxes vitivinícolas e do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra”. As inscricións para ambas actividades seguen abertas na web da Ruta.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella, salvo a primeira da galería que é cedida.

Back to top button