Boteiros dun dos fulións de Vilariño de Conso./ Foto. A.R.
Os diferentes toques dos fulións das aldeas do municipio de Vilariño de Conso enchían a vila na mañá do Sábado do Entroido, 1 de marzo. Numerosas persoas congregábanse nesta localidade para asistir a un desfile que se poñía en marcha arredor do mediodía dende o Toural co Fulión de Vilariño.

Tamén participaban os fulións de Pradoalbar, o do Val, San Cristobo-Conso-A Veiguiña e Mormentelos (do concello de Vilariño de Conso), Carracedo da Serra, Bembibre, As Carrelas e o Fulión Alternativo (Viana do Bolo), o fulión de Buxán (O Bolo), o Fulión da Mourela p’acá (Manzaneda), Lardeira (Piñeiro-Trives) e, pechando o desfile, o fulión de Chaguazoso.
Fotos: A.R.


2 de Marzo de 2025