En portadaÚltima horaVídeos

Entre laios, pregarias satíricas e coplas despídese o Entroido no Barco

 

A comitiva do Enterro da Sardiña do Barco, encabezada polo Meco (portado por catro voluntarios), partía da praza Maior pasadas ás oito e media da tarde deste Mércores de Cinza. Tras eles ían o cura oficiante da cerimonia, o bispo, os monaguillos e as carpideiras, seguidos de numeroso público que portaba candeas acesas, nun acto que contaba coa colaboración de Gargallada Teatro.

 

 

Dende aí iniciaban unha procesión polo casco antigo da vila, interrompida con diversas paradas e que concluía, novamente, na praza Maior. En cada unha destas paradas recitábanse e cantábanse coplas en clave satírica, facendo un repaso por cuestións de actualidade vinculadas ao Barco como a situación das infraestruturas ou a festa do Botelo, entre outras.

 

 

 

 

 

Chegados á praza, e tras as últimas “pregarias”, procedíase á queima do Meco, que estoupaba levándose en cada anaco a troula entroideira. A festa continuaba co reparto de chourizos e pan entre as numerosas persoas asistentes.

Fotos: A.R.

 

Back to top button