EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

“Entre Viñas”, unha cita inmersiva o 27 de setembro para descubrir os viños valdeorreses de parcela

 

A Asociación Ruta do Viño Valdeorras organiza o próximo 27 de septiembre unha saída de campo baixo o título “Entre Viñas”, unha experiencia enoturística dun día de duración que permitirá aos asistentes coñecer a elaboración dos viños de parcela.

A actividade estará dirixida por Jorge Mazaira e contará cun percorrido por viñedos a Denominación de Orixe Valdeorras. O itinerario inclúe visitas a catro parcelas, onde os participantes poderán catar in situ os viños elaborados con cada viñedo:

•Parcela da adega Godeval(O Barco), con cata do viño Revival.

•Parcela da adega Santa Marta(Vilamartín), con cata do viño Fardelas.

•Parcela da adega Terriña(Petín), con cata do viño Merezao.

•Parcela da adega A Coroa (A Rúa), con cata do viño Ladeira Vella.

O programa compleméntase cun xantar maridado no Hotel Calzada, no que se poderán degustar diferentes viños das adegas adheridas á Ruta do Viño Valdeorras A xornada desenvolverase entre as 11:00 e as 19:30 horas aproximadamente, con saídas en minibús desde as estacións de autobuses da Rúa e O Barco.

O prezo de inscrición é de 50 euros, que inclúe transporte, catas e comida. En caso de inclemencias meteorolóxicas, a organización prevé unha alternativa na que se substituirá a visita a viñedos por un percorrido por alguna bodega, onde se explicará a vinificación diferenciada de cada parcela e poderanse degustar mostos ou viños en fermentación.

Con esta proposta, a Ruta do Viño Valdeorras reforza a súa aposta por dar a coñecer o carácter único dos seus viños e a riqueza vitivinícola do territorio, ofrecendo a visitantes e amantes do enoturismo unha experiencia auténtica e formativa en contacto directo cos viñedos.As inscricións poderanse realizar a través dun formulario que estará dispoñible na web do roteiro www.rutadelvinovaldeorras.com

Back to top button