EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Entrega de premios da campaña “Merca no teu comercio” na comarca de Quiroga

 

A Praza da Rúa Lago de Quiroga convertíase no mediodía deste 23 de xullo en escenario da entrega de premios da campaña “Merca no teu comercio ten premio”, que tiña lugar do 1 ao 15 de xullo en Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil. Eran un total de 1.000 euros repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros. Estas tarxetas deberán ser empregadas polos consumidores gañadores en novas compras no comercio de proximidade local.

 

 

Para participar era preciso rexistrar a compra realizada no período marcado na web correspondente desde calquera dispositivo electrónico, tamén podían rexistrar as compras os propios comerciantes a través da mesma plataforma, aumentando así as opcións de gañar.

O acto contaba coa presenza de representantes das entidades organizadoras, entre eles, José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo; o seu homólogo na Asociación de Comerciantes Xeoparque do Courel, Julio Ferrín; o director xeral de Comercio, Gabriel Alén; o alcalde de Quiroga, Luis Rivera; e Diego Fontenla, subdirector de oficina de ABANCA en Quiroga; así como outros directivos da asociación empresarial e do Concello.

 

 

O presidente da Asociación de Comerciantes Xeoparque do Courel, Julio Ferrín, abría o acto e apuntaba a importancia da implicación social e o apoio ao pequeno comercio que, sinalaba, está nunha boa dinámica, que pode ser un comercio sólido, chegando a ser competitivo con outras áreas comerciais.

Pola súa banda, José María Seijas incidía na importancia da participación que, nesta desta volta se plasmaba nun total de 2.830 participantes, segundo os tíckets rexistrados.

 

 

O director xeral de Comercio, Gabriel Alén falaba da campaña “Merca no teu comercio” , creada para promover e dinamizar o comercio local mellorando a súa competitividade e permitindo dar vida as rúas de pequenas localidades. “Estes pequenos grandes actos para nós significan moito, queremos levar a promoción do comercio local a todo o rural galego e darlle vida a todas as nosas vilas. E así seguiremos”. Ademais poñía en valor o traballo da Federación Galega de Comercio, “con moitas iniciativas”.

 

 

“Merca no teu comercio ten premio”  é unha campaña de promoción e dinamización das vendas do comercio de proximidade dos municipios rurais organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación de Empresarios e Comerciantes Xeoparque do Courel.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button