EconomíaEconomíaÚltima hora

Entrega de premios da campaña “Merca no teu comercio” no Castro Caldelas

 

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde no Castro de Caldelas na entrega de premios da campaña Merca no teu comercio, enmarcada na colaboración da Xunta coa Federación Galega de Comercio. Alí estaba acompañado pola alcaldesa deste municipio, Sara Inés Vega, e pola presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez.

puxo de relevo a contribución deste tipo de iniciativas á dinamización do comercio no rural, tendo en conta que coa acción se percorrerán este ano 40 localidades sen centros comerciais abertos, chegando a máis de 60 asociacións de comerciantes.

Actualmente —ata o 30 de setembro— Merca no teu comercio está activa nos concellos ourensáns da Rúa, Allariz, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín e Vilamartín de Valdeorras. Ao remate, en cada municipio entregaranse —como no caso de hoxe— 20 tarxetas regalo por valor de 50 euros.

No resto de Galicia, a acción estase levando a cabo nesta quincena nos barrios da cidade da Coruña e nas localidades de Camariñas, Cee, Corcubión, Fisterra e Muxía. No caso da provincia de Lugo, percorre os concellos das Nogais, Baralla, Becerreá, Castro de Rei, Cervantes, Cospeito e Muimenta e, na de Pontevedra, os da Illa de Arousa, Salceda de Caselas e Vilanova de Arousa.

Quen queira participar debe rexistrar a súa compra na web www.mercanoteucomercio.com, da que tamén poderá deixar constancia a persoa comerciante, duplicando así as posibilidades de gañar da clientela. Cabe sinalar que en 2025 rexistráronse máis de 92.000 participacións nos distintos concellos.

 

Back to top button