ConcellosQuirogaÚltima horaVídeos

Entrega de premios e música tradicional en Quiroga polas Letras Galegas

 

O Concello de Quiroga festexaba no mediodía deste 17 de maio o Día das Letras Galegas con música tradicional e entrega de premios. O salón de actos da Casa Consistorial acollía o acto de entrega de galardóns do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025, convocado pola Biblioteca Pública na súa fase local. O certame, tanto en narración coma en debuxo, levaba por tema “Ler con coñecemento”.

 

 

No concurso establécense tres categorías: A, ata 8 anos, B de 9 a 11 anos, C, de 12 a 16 anos. O xurado, formado por persoas entendidos na materia, seleccionabá por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

 

 

A entrega de premios estaba presidida polo alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, acompañado por dous concelleiros.

Despois deste acto, tiña lugar unha actuación do grupo de música tradicional quirogués O Recanto.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button