As tres furgonetas valdeorresas que partían na pasada noite rumbo a terras valencianas con axuda humanitaria chegaban a primeira hora deste 5 de novembro á Comunidade Valenciana comprobando a devastación e desolación deixada ao seu paso pola DANA. As persoas que viaxaban ata alá eran Diego Domínguez Neira, Andrés Martínez Franco, Jorge Guitian Álvarez, Jesús Tremenon, Conchi Díaz Blanco e Carlos Prada Domínguez.
Ademais facían as entregas en Catarroja, no Colegio Larrodé e Florida Universitaria. Dúas das furgonetas xa están de volta cara Valdeorras, mentres que a terceira, na que ían Diego e Andrés, permanecerá de momento en Catarroja, xa que estes dous valdeorreses vanse quedar esta semana axudando como voluntarios nas tarefas de limpeza e axuda á poboación.
Entre tanto, dende O Barco, outros dous voluntarios, Nayeli Venzal e Manuel Ángel Fernández López, están organizando novos envíos a través de camións con máis material durante esta mesma semana.
Imaxes cedidas.