EconomíaEconomíaÚltima hora

Entréganse na Rúa os premios dunha nova edición da campaña ‘Merca no teu comercio’

Trátase dunha iniciativa de promoción e dinamización das vendas do comercio de proximidade dos municipios rurais, que nesta ocasión incluíu, ademais da Rúa, os concellos de Vilamartín de Valdeorras, Petín, Carballeda de Valdeorras e Larouco

 

Na tarde deste mércores luns 5 de outubro celebrábase, na praza do Concello da Rúa, o acto de entrega de premios correspondente á campaña “Merca no teu comercio” deste ano. Unha iniciativa de promoción e dinamización das vendas do comercio de proximidade dos municipios rurais organizada pola Federación de Comercio de Ourense, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración de ABANCA e FEMXA.

 

 

Neste acto, que contou coa presenza de representantes das institucións e das entidades organizadoras, entre eles Marta Vázquez, directora territorial na provincia de Ourense da Consellería de Emprego, Comercio e Migración; María G. Albert, alcaldesa de A Rúa; e Esther Pérez, subdirectora oficina Abanca A Rúa, entregáronse os premios do programa, que se desenvolveu do 15 ao 30 de setembro nos comercios das vilas da Rúa, Vilamartín de Valdeorras, Petín, Carballeda de Valdeorras e Larouco.

Os premios entregados hoxe suman un total de 1.000 euros repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros. Estas tarxetas deberán ser empregadas polos consumidores gañadores en novas compras no comercio de proximidade local.

 

 

Fotos: O SIL.

Back to top button