En portadaÚltima hora

Entréganse os premios da campaña das Letras Galegas do CCA e dos centros de ensino do Barco e Rubiá

 

Despois de semanas expostas nos escaparates dos establecementos do Barco Centro Comercial Aberto (CCA) as fotografías, acompañadas de versos, premiadas na campaña das Letras Galegas que esta entidade promove, xunto cos centros de ensino do Barco e Rubiá, volvían ás mans dos seus autores.

Esta tarde a praza do Concello do Barco acollía o acto de entrega de galardóns deste certame, coordinado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos sete centros (IES Martaguisela, IES Lauro Olmo, Colexio Divina Pastora, os CEIPs Condesa de Fenosa, Julio Gurriarán e Otero Pedrayo de Viloira, todos do Barco, e o CEIP Virxe do Camiño de Rubiá) e polo CCA, que lle rendía tributo ás cantareiras e a poesía popular galega.

Nese senso nos escaparates dos establecementos pendurábanse fotografías realizadas polo alumnado inspiradas en versos do Cancioneiro Popular Galego (recollidos por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina). Ademais, entre o 14 e o 31 de maio, realizábase unha xincana polos comercios, dirixida aos escolares e ao conxunto da cidadanía barquense.

De feito, era o premiado nesa xincana o primerio en recibir o seu premio de mans dun directivo do Barco CCA. Nesa xincana os estudantes tiñan que buscar os versos das Cantareiras polos comercios e selar o folleto de participación. O folleto premiado, extraído ao azar da urna do sorteo, era o de AINARA ÁLVAREZ SIERRA, a quen se lle entregaba un vale de 50€ para investir nas librarías asociados ao CCA O Barco.

 

 

A partir de aí facíase a entrega aos sete mellores traballos desta edición da campaña. Eses alumnos e as alumnas premiados/as eran:

– VALLE FERNÁNDEZ LÓPEZ: CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco

– MATÍAS MÉNDEZ REY: CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco

– EFRÉN VÁZQUEZ LÓPEZ: CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira (O Barco)

– ALBERTO VEGA NAVARRETE: Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco

– FRANCISCA JAVIERA ROJAS CONTRERAS: IES Lauro Olmo do Barco

– MIRIAM FERNÁNDEZ ÁLVAREZ: IES Martaguisela do Barco

– VERA NÚÑEZ HIDALGO: CEIP Virxe do Camiño de Rubiá

 

 

Os premios consistiron en vales de compra por valor de 25€ para investir nas librarías asociadas ao CCA O Barco: Caprichos, Libraría Praxis, Libraría Yoli e Nós.

Fotos: A.R.

Back to top button