CulturaCulturaÚltima hora

Entréganse os premios do XIX Concurso Fotográfico Rosa Pons de Parada de Sil

 

Coincidindo coas festas patronais de San Ramón en Parada de Sil, vén de facerse entrega dos premios aos gañadores do XIX Concurso Fotográfico Rosa Pons, que camiña xa cara a XX edición. Este certame tivo o patrocino de Camilo Yañez Pons durante dezaoito edición, polo que este “Concello sempre estará agradecido, tal e como lembra no acto o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez.

O acto contaba coa presenza do gañador  do primeiro premio “Visións de Parada de Sil” coa súa foto Postal, Carlos Fernández Corvera de Asturias, que recibiu os 800 euros cos que está dotada esta modalidade do concurso. Tamén asistiu o gañador  da modalidade de tema libre,  Plácido López Rodríguez de Allariz , coa foto titulada Fotobiografía dun suxeito, quen recibiu o premio de 700 euros.

O alcalde, Aquilino Domínguez, agradeía a asistencia do público a quen desexou unas boas festas, dos  132 participantes no concurso  e do xurado que de xeito desinteresado dedica o seu tempo a resolver o concurso. Tamén anunciou que se está estudando a posibilidade de editar un libro coas fotografías premiadas e os microrrelatos premiados no seu concurso.

Fotos cedidas.

Back to top button