OurenseÚltima hora

Entrégase o X Premio Ciclo de Cine e Medicina, organizado polo Colexio de Médicos de Ourense

 

No marco do X Ciclo de Cinema e Medicina, organizado polo Colexio Oficial de Médicos de Ourense e o Cineclub Pai Feijoo, celebrouse un concurso de traballos dirixido ao alumnado da Escola Universitaria de Enfermería de Ourense que participa habitualmente nas sesións do ciclo. O certame contou coa presentación de 12 traballos, todos eles de gran calidade, tanto polo enfoque dos contidos sanitarios vinculados ás películas proxectadas como pola análise cinematográfica realizada.

O xurado, formado por profesorado da Escola de Enfermería, membros do Colexio Oficial de Médicos e do Cineclub Pai Feijoo, outorgou os premios ás alumnas Candela #Vidal e Leila Fernández. A entrega de diplomas e premios tivo lugar antes da proxección da película Knock, celebrada a pasada semana.

Esta iniciativa, do mesmo xeito que o resto de actividades do ciclo, reflicte o compromiso por fomentar o cinema como ferramenta de reflexión crítica e debate sobre a práctica e a ética profesional no ámbito sanitario.

 

Back to top button