
Malia ao temporal e á limitación no número de entradas á venda por persoa, a veciñanza de Viana do Bolo madrugaba para mercar os tíckets que lles permitirán asistir á 54ª Festa da Androlla nesta vila, que se celebrará no mediodía do Domingo Gordo.
“A deste ano convértese na edición que antes esgotou as entradas (en menos de 5 horas), o que demostra o gran éxito do que goza a Festa da Androlla e o Entrudio de Viana do Bolo”, destacan dende o Concello de Viana. Así mesmo, dende esta administración amósase o seu agradecemento a “todas as persoas que, con paciencia e boa disposición, se achegaron ao concello a mercar as súas entradas, facilitando moito o traballo das persoas encargadas da súa venda”.