CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Esgotadas as entradas para o concerto de Carlos Núñez nas Ermidas (O Bolo)

 

Xa non quedan entradas para o concerto que o gaiteiro Carlos Núñez ofrecerá o vindeiro 17 de xullo no adro do Santuario das Ermidas (O Bolo) a partir das 20h., tal e como se vén de informar dende a organización do evento, que agradece a boa acollida desta proposta musical.

Así, os Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia achegan a arte de Carlos Núñez, considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo, ás Ermidas coa súa nova e singular xira ‘Lugares Máxicos 2025’. Esta actuación contará co apoio da Axencia de Turismo de Galicia.

arlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario, dos máis serios e brillantes do mundo. O seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, transcendendo con fartura os límites habituais dos seus instrumentos: a gaita e as frautas. Agora, no marco dos Concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia, ofrece un novo e singular directo, nun marco patrimonial que arroupará como ningún outro ou seus máxicos sons.

Back to top button