CulturaCulturaÚltima hora

“Esopo” e “(H)umanidades”, esta fin de semana na XIX Mostra de Teatro Amador do Carballiño

Esopo, Béjar 2025 (escenografía).

 

A XIX Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” que comezaba a súa andaina o 4 de outubro continúa coa súa programación no Auditorio Manuel María do Carballiño.

Así, este sábado día 24, Teatre del Talión, grupo procedente de Lleida, representará a comedia Esopo, que  amosará un canto á ledicia, á liberdade e ao amor. Unha loita desmedida entre os intereses mundanos e a procura da felicidade. A vitoria de David sobre Goliat. O reencontro de todo aquilo que fai da vida un estoupido de enerxía e de luz. Logo de ser premiada 112 veces en 40 certames de toda España, despois de máis de 71 representacións, chega ao Carballiño para ledicia dos espectadores.

 

(H)umanidade.

 

Ao día seguinte, domingo 25, procedentes de Cangas, as actrices de Teatro das Aras porán en escena (H)umanidade. Trátase dunha ollada crítica sobre a situación actual da Sanidade que nos toca vivir ou padecer. A obra vai conducindo ao público a reflexións máis profundas que retratan anacos desta (H)umanidade fragmentada, absurda e traxicómica que estamos a construír, ou deconstruír.

Back to top button