CulturaCulturaÚltima hora

Especial “solta de libros” na Rúa dentro do proxecto “Encontros Clandestinos”

 

O proxecto “Encontros Clandestinos”, unha iniciativa de CERCI S. COOP. GALEGA, iniciou a súa fase de despregamento en diversas comarcas cunha proposta que combina o misterio, a lectura e o crecemento persoal. Baixo o lema “mellorando a túa vida, mellora o mundo”, a actividade busca “ofrecer unha alternativa de socialización saudable e construtiva en contornas rurais”.

 

 

Actualmente atópase na fase de “solta de libros”, unha estratexia de márketing que consiste en regalar exemplares en locais concorridos de localidades como A Gudiña, A Mezquita, Pobra de Sanabria, Monforte, Quiroga, Ourense, Ponferrada e Toén. “Na Rúa, a acción tomou un cariz especialmente rechamante xa que persoas caracterizadas, vestidas completamente de negro e con pasamontañas, percorreron os bares máis frecuentados para depositar flyers e libros, convidando aos veciños a sumarse a esta experiencia clandestina”, explican dende a organización, indicanco que cada libro liberado contén unha tarxeta cun código QR que redirixe aos interesados a unha plataforma onde poden coñecer os detalles do encontro, o libro elixido e os requisitos de confidencialidade e respecto necesarios para participar.

 

 

O primeiro encontro oficial, no que se traballará sobre o ensaio Me comparo contigo escrito por CarmenMalvi, terá lugar o venres 13 ás 20h. e os interesados poden participar presencialmente, en “Casa Paraíso”*, unha emblemática casa colonial de 1900 sede da cooperativa CERCI na Rúa; e tamén en liña, a través da plataforma Zoom.

Fotos cedidas.

Back to top button