CD BarcoDeportesFútbolÚltima horaVídeos

Espectacular ambiente en Calabagueiros, no derbi CD Barco-UD Barbadás

 

Cumprindo expectativas, máis de 3.000 persoas asistían na tarde deste domingo 22 de marzo ao campo municipal de Calabagueiros, para asistir ao derbi provincial de 3ª Federación entre o CD Barco e a UD Barbadás.

 

 

Á parte do bo tempo, cunha agradable temperatura e ceos despexados; e do partido en sí, co interese que sempre espertan os derbis; o de hoxe era o partido elixido polo Centro de Deportes Barco para abrir o campo á poboación(especialmente infantil), convidando aos cativos da contorna (con entrada gratis para un neno e dous adultos) que contaban cun gran espazo cuberto con castelos inchábeis xigantes (un dunha altura de 15 metros) no que pasaron a tarde.

 

 

E mentres os máis pequenos saltaban e xogaban nas colchonetas os maiores enchían as bancadas atentos a cada xogada do Barco que loita por asegurar a permanencia.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button