Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Espectaculares paisaxes en Parada de Sil, na ruta do Club Peña Trevinca Barco polo “Camiño do Monxe”

 

Continúa o percorrido do Club Peña Trevinca Barco polo “Camiño de Monxe”, unha ruta que percorre a Ribeira Sacra e consta de sete etapas. Iniciábana o pasado 13 de xaneiro e que retomábana na pasada fin de semana, en concreto o sábado 27 de xaneiro.

Esta segunda etapa, duns 20 km e uns 1.000 m de desnivel positivo, comezaba na Fábrica da Luz e concluía na vila de Parada de Sil. Nela partipaban unhas 24 persoas, a meirande parte de Valdeorras. “Foi unha etapa moi bonita, pasando polas pasarelas do Mao, cunha subida considerable ata os balcóns deo Sil. Logo visitamos tamén o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil ea fin de etapa foi en Parada de Sil”, comenta o presidente do club, Miguel de la Cal.

 

 

A intención do Club Peña Trevinca Barco é completar as sete etapas do “Camiño do Monxe” e a seguinte delas pretenden realizala en febreiro.

Fotos: Club Peña Trevinca Barco.

Artigos relacionados

Back to top button