É un dos locais de hostalaría máis querido na Rúa e, despois de varios intentos e alomenos un par de anos pechado, volve estar aberto.
Na noitiña do xoves 5 de febreiro, coincidindo co Xoves de Compadres, reabrías as portas o despacho de comidas ‘A Pepa’, na céntrica praza José Antonio Míguez Freire, a carón do Concello. Á fronte está Isa Cobo, con Brais na cociña quen explica que o horario será de 12 a 16 horas aproximadamente para as comidas; e de 20 a peche para as ceas, de xoves a sábado e o domingo unicamente a mediodía.

Con respecto ao menú, terán un pouco de todo “mesturamos a comida tradicional coa máis moderna”, di, engadindo que haberá para picar, menú do día, menú para datas especiais e por encargo o que sexa “estamos abertos a todo”.
Algunhas das delicias que terán para picar podían degustalas os asistentes á esperada inauguración. Croquetas de polo e chourizo, salmorejo, pincho de cebola confitada con sardiña, tortilla, empanadillas, rolo de follado recheos de carne, entre outras.


Fotos: Mónica G. Bellver.