Ás 19:39h. desta tarde de 10 de setembro iniciábase un incendio forestal na parroquia de Seixalbo, no concello de Ourense, que arestora permanece estabilizado e que afectaba a uns 2.900 m2, segundo informa a Consellería do Medio Rural.
Para actuar neste incendio mobilizábanse 2 axentes, 6 brigadas, 5 motobombas, 1 técnico, así como 4 avións e 4 helicópteros (os medios aéreos retirábanse ao solpor).
Fotos cedidas.