ConcellosO BoloÚltima hora

Estabilizado o incendio forestal que se iniciaba preto das tres desta tarde en Chandoiro (O Bolo)

 

Ás 16:37 horas desta tarde quedaba estabilizado o incendio forestal de Chandoido, no concello do Bolo, segundo os datos de Medio Rural.

Tal como indican o incendio iniciábase ás 14:56 horas, comezando os labores de extinción ás 15:12 horas. Os medios empregados polo de agora son catro axentes, oito brigadas, tres motobombas, unha pá, dous helicópteros e dous avións.

O fume era visible dende A Rúa, tal como pode apreciarse nas imaxes.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button